LOTARÍA DE NADAL DE QUEIROA


Como cada ano chegando a estas datas do Nadal estamos repartímo-las participacións da nosa lotaría. Este ano tampouco houbo sorte, outro ano será.
Bo Nadal!

CONVITE DE NADAL

O venres 20 de decembro fixemos a tradicional xuntanza de Nadal nas aulas do colexio de Mondego. Alí tomando un viño e uns petiscos tocamos e bailamos para celebra-lo bo ano que pasou a nosa asociación. Agora toca uns días de descanso para comeza-lo ano novo con novos folgos.
Feliz 2020 a todos/as.

ACTUACIÓN NO COMPLEXO XERONTOLÓXICO LA MILAGROSA


Os grupos Cacharrete e Trasín, acompañados por integrantes do grupo de gaita e percusión, non faltaron o 10 de decembro á invitación do centro de atención ás persoas maiores La Milagrosa en A Coruña.
Como cada ano que imos, tivemos unha marabillosa acollida e os residentes gozaron moito cos nosos artistas.
Volveremos!

RUADA EN MAZARICOS

O sábado 23 de novembro o grupo de gaita botou unhas peciñas no Suleiro da Vicha, na parroquia de Colúns do concello de Mazaricos. Moi bo ambiente e canta elegancia!
Un pracer asistir á foliada organizada pola Asociación de Amas de Casa de Mazaricos.

De hoxe nun ano!

XII FOLIADA DE SADA

O día dous de novembro celebrámo-la nosa XII Foliada de Sada.
Desta volta emprazada na lonxa do Porto de Sada grazas á colaboración da Confraría de Pescadores de Sada e o Concello de Sada.
Vaia por diante a nosa gratitude ós grupos que actuaron nela e ó público que nos acompañou ata remata-la festa.
Sen o seu apoio non poderíamos realizala.
O noso agradecemento tamén ós participantes do Concurso de Baile, parabéns á parella ganadora “Bicos de Queixo” formado por Laura Fernández e Francisco Manteiga.  
Para o ano que vén a número trece!

MAGOSTO NO CENTRO DE DÍA DE MONDEGO


O xoves 31 de outubro o Grupo de Acordeón visitou o Centro de Día de Mondego.
Desta volta poñémoslle música á celebración do seu magosto, pero agrádanos moito achegarnos alí en calquera ocasión polo bo recibimento que temos por parte dos residentes.

IX RUADA DE TEIXEIRO


Este sábado 26 de outubro fomos tocas unas pezas e botar uns bailes na foliada de Teixeiro (Curtis).

Agardámosvos a todos e todas na nosa XII Foliada do fin de semana que ben.

Festa!

SARDIÑADA DAS FESTAS DE SADA


Na edición número sesenta da sardiñada das festas de Sada, volvemos a poñe-la música e o baile tradicional ó numeroso público que asistiu a esta Festa de Interese Turístico de Galicia.

Foi un pracer estar neste aniversario da nosa sardiñada.

ALBORADA DAS FESTAS DE SADA


O 18 de agosto percorremos as rúas do noso concello espertando ós nosos veciños coa alborada das festas patronais.

Boas festas!

SAN FINS DO CASTRO 2019


O venres 2 de agosto abrimo-lo segundo día de festa cunha alborada na popular festa de San Fins do Castro, na parroquia de Cesullas (Cabana de Bergantiños).


Esta actuación pertence á programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.


A nosa Banda de Gaitas achegou a música tradicional á romaría da Costa da Morte.


Volveremos a esta fermosa festa!

FEIRA MODERNISTA DE SADA


O 26 de xullo o programa da Televisión de Galicia “Adiviña quen vén esta tarde” emitiuse en directo dende Sada por mor da celebración da Feira Modernista no noso concello.
O grupo de gaita e percusión, acompañados dunha parella de bailadores do grupo de baile, puxeron a música e o baile tradicional a esta linda festa.

COLABORACIÓN CO GRUPO XEBRE DE VIOLÍN EN MOAÑA

O sábado 20 de xullo o grupo de violíns Xebre con compoñentes de Queiroa e a Asociación Oza - A Gaiteira actuaron en Moaña.


Dirixidos polo noso monitor Tonecho Castelos, estes concertos buscan recupera-lo violín dentro da música tradicional galega. O violín foi bastante empregado no século XIX e comezos do XX.

FESTA DOS VELLOS EN CARNOEDO


O vinte de xullo, na trixésimo novena Festa dos Vellos da Asociación de veciños “Armental” de Carnoedo, estivemos alí para abri-la Gran Sardiñada tocando unas pezas ó numeroso público que asistiu ó acto.

Fermoso feito onde se homenaxea ós maiores da parroquia sadense.

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA


O noso grupo de gaitas tivo a honra de participar neste prestixioso festival, no desfile de Bandas das Nacións Celtas o domingo 14 de xullo polas rúas de Ortigueira.

Pola tarde, estivemos no programa da CRTVG “Lume na Palleira” onde nos entrevistaron  e tocámoslles unhas pezas.

Grazas por contar con nós!

 

ENCONTRO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL EN AMES


O sábado 13 de xullo participamos no Encontro de Música e Baile Tradicional Galego organizado pola A. C. Retranqueiros no Centro Cultural Milladoiro de Ames. Contamos tamén coa compaña de Rexoubeiras de Vigo.

A nosa actuación no festival pertence á programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 


 

QUEIROA NA RÚA 2019


O sábado 6 de xullo, dende media mañá, o folclore de toda a nosa asociación encheu as rúas do concello sadense.
Pero a cousa non quedou así, xa que pola tarde, celebramos un estupendo Festival Folclórico xunto a Asociación Cultural Retranqueiros de Ames.

A participación do grupo invitado está incluida na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

E como remate desta terceira edición de Queiroa na Rúa, un dos grandes da música tradicional galega: Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.
Un espectáculo marabilloso!

SERÁN DA A.C. SON D'AQUÍ


O noso grupo de pandeireteiras Arnela participou no serán da A.C. Son d'aquí na coruñesa Praza dos Avós de Monte Alto.


Unha festa xenial para cantar e bailar, con agasallos e moita rexouba.

ACTUACIÓN NO LUAR


Fermosas e vistosas foron as dúas pezas do noso grupo de baile o venres 28 de xuño no programa Luar da Tvg.

Moi agradecidos pola invitación e por volver ó escenario dese marabilloso programa.

SAN XOÁN EN SADA 2019


Como xa é tradicional en Sada, o 23 de xuño celébrase o San Xoán na zona do Curruncho. Este ano tamén estivemos invitados a animala celebración coa nosa música tradicional.


Xuntos armamos una boa festa cos nosos veciños e veciñas.

ACTUACIÓN DO GRUPO DE ACORDEÓN EN MONDEGO


Volvemos visita-lo Centro de Día de Mondego o xoves 13 de xuño, desta vez cos nosos acordeonistas, para así facerlles máis amena a tarde ós residentes que alí agardaban por nós.

FESTIVAL INFANTIL EN LESTEDO


Compartimos festival en Boqueixón este domingo 9 de xuño coa asociación local "Mestre Manuel Gacio" e dúas agrupacións que chegaron dende Santiago.


Os rapaces e rapazas da Escoliña fixeron unha estupenda actuación e pasárono do mellor.

FOLIADA EN BORNEIRO


Actuamos o sábado 8 de xuño no campo de Briño de Borneiro na foliada “O Son do Castro”  con grupos como: Os Farrapos, Petaforte, Eloy Mato e Ismael del Río, Rebouxa, Santiaguiños etc.


Unha festaza nun sitio espectacular!

V FESTIVAL DA ESCOLIÑA


Celebramos o quinto Festival da Escoliña o domingo 2 de xuño coa estupenda participación da A. C. Mestre Manuel Gacio de Lestedo (Boqueixón).
Os rapaces e rapazas coas súas brillantes actuacións, deixaron moi satisfeitos ó numeroso público asistente.
Dende o remate do festival, seguimos traballando para celebra-lo sexto festivaliño.

CENTRO DE DÍA DE MONDEGO


O martes 28 de maio, o grupo de pandeireta de adultos fixemos unha visita ó Centro de Día de Mondego (Sada).
Alí tocámoslles unhas pezas antes da súa merenda.

VII FESTA AMANEXA


O sábado 25 de maio aceptamos de bo grado a invitación dos nosos veciños da A.C. O Amanexo.

Estivemos con grupos de pandeireteiras e o grupo de gaita e percusión na foliada da VII Festa Amanexa en Dexo (Oleiros).

XXX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

Un ano máis, a Asociación Cultural Xacarandaina organiza o seu Concurso de Música Tradicional no Centro Cultural Ágora. Este ano participamos con tres grupos Trasín, Alborelle e Morazón.


Cabe destacar do concurso a gran calidade dos participantes, e tamén, o terceiro premio do noso mestre de gaita Ismael García na categoría de gaiteiro solista.


Parabéns mestre!

 

DÍA DA TROULA 2019


O sábado 18 de xuño, tivemos unha foliada en Sada co gallo do “Día da Troula”.

Participamos co grupo de gaita e percusión da asociación.

CONCERTO DIDÁCTICO EN MOSTEIRÓN


O xoves 16 de maio celebramos no C.E.I.P. e no I.E.S. O Mosteirón de Sada un Concerto Didáctico para amosa-la nosa tradición musical ós alumnos e alumnas do centro.

XX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA

O 14 de Abril celebrouse o XX Concurso de Música Tradicional da A.X. Xiradela no auditorio do Centro Cívico de Arteixo. Participaron os grupos de Trasín e Alborelle, este último volveu a acadar outro merecido premio, desta volta un segundo posto na categoría A de pandeireteiras.
Parabéns artistas!

 

II FOLIADA DE DONAIRE

No Parque de Eirís de A Coruña, o sábado 6 de abril, as rapazas dos grupos Trasín e Alborelle participaron na II Foliada con Donaire. Bravo pequenas!

CONCERTO DE VIOLÍN


No local de Cántigas da Terra, o 31 de marzo, participaron compoñentes do noso grupo de violín en colaboración co grupo Xebre nun concerto de violín tradicional.

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL


A nosa banda de gaitas encabezou este concerto o sábado 30 de marzo no Centro Social Sagrada Familia de A Coruña.

Tamén actuaron a A.C. O Son do Castro e o grupo de música tradicional A Rexouba.

FESTA DE ENTROIDO DE

"OS SOBRAOS”


O sábado 16 de marzo no pavillón da antiga E.E.I. de Carnoedo os compañeiros de “Os Sobraos” invitáronos a tocar unhas pezas para tódolos asistentes da festa.

COCIDO DE QUEIROA

O día 9 de marzo no Restaurante “A Xeitosiña” celebramos o noso cocido de Entroido con amigos e familiares. Volvemos a vernos para o ano que vén!

XXXIV FESTA DA FILLOA DE SADA


O martes 5 de marzo, na Festa da Filloa de Sada, botámoslle unhas pezas na carpa ó carón do edificio de “A Terraza” mentres a “filloeira de Lestedo” traballaba arreo.

RIBEIRAS DE SALITRE


Na tardiña do 26 de febreiro as cantareiras de Arnela participaron na gravación do programa “Ribeiras de Salitre” que se emite os domingos na TVG.

I CAMPAMENTO DE VIOLÍNS DE QUEIROA


O sábado 23 de febreiro o grupo de violín, composto por máis dunha ducia de rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os seis e os doce anos, participaron nunha xuntanza para ensaiar e tocar todos xuntos.
Por suposto, non faltou un bo xantar e xogos para os tódolos asistentes.