A Asociación Queiroa deséxavos unas felices festas e moita saúde e sorte para o ano 2021.
Que non pare o baile e a música tradicional!

ACTUACIÓN NA CASA DA CULTURA DE SADA


Despois de moito tempo sen actuar con público diante, este sábado 19 de decembro, no auditorio da Casa da Cultura, realizamos un concerto dentro da programación cultural do concello sadense.


Moi agradecidos a todos os asistentes pola acollida recibida e polos numerosos aplausos.


Felices festas e bo 2021 a todos!

SEGUNDA ACTUACIÓN NO PROGRAMA LUAR DO 2020


O venres 18 de decembro acudimos a invitación do programa Luar da TVG que tan ben nos trata cada vez que imos alí a tocar e a bailar.
Desta volta o grupo de baile levou a Jota de Romariz.

Que grandes bailadoras e bailadores temos!

Podes ver a actuación premendo aquí

ACTUACIÓN NO PROGRAMA LUAR

A difícil situación que estamos atravesando non impediu que o grupo de baile actuara no programa Luar da TVG o venres 17 de xullo.

Sempre coas medidas de seguridade, gozando e sorrindo coa nosa música tradicional por debaixo das mascariñas. Parabéns artistas!

Pulsa aquí para ver a actuación.

COCIDO DE QUEIROA

O sábado 29 de febreiro celebrámo-lo tradicional cocido de Queiroa no Restaurante A Xeitosiña (Sada). Alí, en boa compaña de familiares e amigos, degustamos o menú propio do Entroido. Cando rematou o xantar, tocamos e bailamos que é a nosa especialidade.
Unha tarde marabillosa para a familia Queiroa!

XXXV FESTA DA FILLOA DE SADA


O martes de Entroido puxemos música á trixésima quinta Festa da Filloa de Sada organizada pola  concellería de Cultura. Nesta festa gastronómica servíronse miles de filloas elaboradas pola filloeira de Lestedo.

Festa rachada comendo, tocando e bailando!

FOLIADAS DA CORUÑA

O xoves 20 de febreiro, no Garufa Club, actuamos co grupo de pandeireta “Arnela” e o grupo de gaitas na segunda das Foliadas da Coruña organizada pola A. C. Donaire.
Tamén actuaron “Algarada” da A. X. Xiradela máis “Cascarilla” e “Pipiriteiras” da A. C. Donaire… Vaia festa!