O "Grupo Cirro" da Asociación Queiroa é un conxunto de mozas, que dirixidas por Miguel Abad, teñen un formidable palmarés que acadaron nos concursos ós que se presentaron. No ano 2015 gañaron cadanseu terceiro premio no Concurso de Música Tradicional da A. X. Xiradela e no Concurso de Música Tradicional A. C. Xacarandaina.