Os obxectivos fundamentais da asociación son o achegamento á música e baile tradicional dun xeito lúdico, e a experimentación cos diferentes instrumentos tradicionais propios da nosa cultura (gaita, bombo, pandeireta, tambor, frauta, tarrañolas,...).
Impartimos as clases en dúas aulas cedidas polo C.E.I.P. Pedro Barrié de la Maza. Tamén a Asociación de Veciños “Armental” de Carnoedo déixanos ensaiar en dúas aulas do Local Social “Saladina Fernández” e no pavillón do E.E.I. de Carnoedo.
Aínda que a maioría dos/as alumnos/as pertencen a Sada, o ámbito territorial é a provincia da Coruña.
Impartiranse dende outubro de 2018 a xuño de 2019 seis actividades: pandeireta e canto, baile tradicional, gaita, percusión, acordeón e violín, abertas a tódalas
idades e niveis de coñecemento.
Información do curso 2018/2019.
Prezos:
Alumnos/as ata dezaoito anos, cota mes 12,50 €
Alumnos/as maiores de idade, cota mes 20,00 €
Os alumnos/as que cumpran dezaoito anos no ano que comeza o curso, principiarán pagando a cota de adulto.
Condicións:
Por este prezo mensual, pódese asistir a tódalas actividades.
Pódese empezar nas actividades en calquera momento, sendo ese mes de balde para novas actividades.
Clases exclusivamente para asociados/as. A cota de asociado pagarase en xaneiro ou no mes que se produza a alta durante os seis primeiros meses do ano.
Se non es socio, podes asociarte en calquera momento. Infórmate AQUI.
Memoria de Actividades:
|