CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O domingo 17 de maio no Concerto do Día das Letras Galegas que se celebrou no auditorio da Casa da Cultura de Sada, actuamos o grupo de gaita de Queiroa.

Para rematar o Concerto colaboramos tocando o himno galego coa Banda Municipal de Música de Sada.

XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

O domingo 24 de maio no Centro Sociocultural Ágora de A Coruña, os Grupos "Cirro" e "Morazón" da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa participaron no XXVI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina.

O Grupo "Cirro" acadou un merecido 3º premio na categoría B de pandeireteiras.

Parabéns!

Grupo "Cirro"
Grupo "Morazón"

I FESTIVAL DA ESCOLIÑA

O domingo 31 de maio, a Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa organizou en colaboración co Concello e a Casa da Cultura de Sada, o I Festival da Escoliña.

Nel participaron nenos e nenas das escolas tradicionais infantís de Donaire e Queiroa, dúas asociacións novas pero cun gran percorrido musical ás súas costas.

Os rapaces destas dúas asociacións amosaron os seus respectivos repertorios de canto, pandeireta, baile, gaita e percusión neste intercambio cultural promovido pola Deputación da Coruña no marco da Rede Cultural do 2015.

SAN XOÁN DE QUEIROA

O pasado sábado día 20 de xuño Queiroa celebrou o San Xoán no Bosque dos Ameneiros de Vertín (Mondego - Sada), a partir das 21:00 horas.

A cea contou con sardiñas, liscos, patacas, pan de brona, bebidas e doce.

NOITE DE SAN XOÁN DO CONCELLO DE SADA

O martes 23 de xuño a partir das 19:30 horas no Curruncho (Praia das Delicias de Sada), o noso grupo de gaita Queiroa tocou varias pezas estando aberto aos/ás pandeireteiros/as e bailaríns que quixeron participar.

Ás 20:00 horas celebrouse no Curruncho a tradicional Noite de San Xoán, onde se degustou sardiñas, viño e pan de broa.

GALA QUEIROA 2015

O sábado 4 de xullo ás 21:00 horas celebrouse a Gala Queiroa "De festa en festa" no ateigado auditorio "Pintor Lloréns" de Sada.

Ó remate do acto convidouse ós asistentes a uns pinchos no lugar de Vertín (Mondego).

XXXV FESTA DOS VELLOS

O sábado 8 de agosto a partir das 19:30 horas a Asociación Armental de Carnoedo (Sada) celebrou a XXXV FESTA DOS VELLOS.

A festa estivo amenizada pola Agrupación Queiroa.

 

SARDIÑADA POPULAR EN SADA

O martes 18 de agosto a partir das 18:00 horas no Curruncho de Sada, gran sardiñada popular con motivo das nosas Festas Patronais.

Contou coa animación musical da Agrupación Queiroa.

III FOLIADA SANTAIA


O sábado 29 de agosto a partir das 18:00 horas na praza Esther Pita, en Santa Cruz (Oleiros) celebrouse a terceira foliada Santaia
.

Polo escenario pasou o noso grupo de gaita Queiroa e  grupos de toda a comarca para participar neste gran evento.

FOLIADA CATALMIBRE

O sábado 19 de setembro a partir das 20:00 horas no paseo de O Burgo (Culleredo), o noso grupo de gaita participou para festexar a foliada da asociación Catalmibre.

ACTIVIDADES 2015 - 2016

Comezamos este curso 2015-2016 a partir de outubro coas actividades que podedes ver no cartel inferior, animádevos a participar.
Esperámosvos!

CERVEFEIRA ARTESÁ


Os días 16,17 e 18 de outubro na carpa situada detrás da Terraza de Sada, tivo lugar a feira da cervexa artesá.

Durante a Cervefeira a  agrupación musical Queiroa animou os actos en varias ocasións.

VIII FOLIADA DE SADA

O sábado 31 de outubro celebramos a VIII Foliada de Sada, onde actuaron numerosos grupos da comarca e asistimos o VI Concurso Queiroa de Baile Tradicional por Parellas.

Queremos dar as grazas a toda a xente que participou na organización e preparación do evento.
Tamén ós que actuaron, asistiron a festa bailando, escoitando a música ou gozando da comida e bebida que acompaña a celebración da nosa foliada.
Sen o apoio de todas estas persoas non sería posible levala a cabo.

LOTERÍA DE NADAL

Imos chegando ó fin do ano e Queiroa xa ten a LOTERÍA DE NADAL.
Se aínda non tedes a vosa participación non dubidedes en facervos con ela.
 Algún ano ten que tocar! Que haxa sorte este ano!
Felices festas e bo Nadal!